En todos os lugares existe a tendencia a pensar que o noso sempre é o mellor.
Sen embargo a sona da pataca galega cultivada do xeito tradicional pensamos que está totalmente xustificada.
Cómpre coñecer que factores fan posible esa calidade para así poder mantela e incluso mellorala.
A Calidade da Patacas de Galicia
A calidade culinaria da pataca depende de moitos factores, pero os máis importantes no caso da pataca galega son, por esta orde:
- Temperaturas suaves durante a fase de engorde do tubérculo.
O clima galego, especialmente o da costa, caracterízase por ter unhas temperaturas estivais non excesivamente altas.
A temperatura óptima para o cultivo da pataca durante o engorde do tubérculo e de 18 a 20 C.
As zonas de produción intensiva de pataca en España teñen veráns con temperaturas moi altas que, coa axuda de sistemas de rega, producen unha maior colleita por hectárea, o engorde do tubérculo é máis rápido, pero a calidade é inferior.
- Non se rega o cultivo
O cultivo sen rega, dá unha menor produción e, polo tanto, aumenta o custe por quilo, pero o resultado é unha pataca máis compacta, que se mantén firme despois de cociñar, e se conserva mellor.
- A variedade ''kennebec''
Ista é a variedade máis sementada en Galicia nas hortas familiares, e por labregos que destinan parte da produción ao autoconsumo e venden os excedentes en mercados locais.
Nas grandes zonas productoras de España case non se cultiva por non ser das variedades que mais producen e por ser sensible a nemátodos e outros problemas que aparecen cando non se fai rotación de cultivos.
Na comarca da Limia séguese cultivando, pero en cantidades cada vez máis pequenas.
Por que os labregos galegos seguimos sementado esta variedade máis que ningunha outra?
A resposta é clara: pola súa calidade culinaria.
É a pataca idónea para cocer, por ese motivo se recomenda para cachelos.
Tamén é boa para fritir e para asar.
- A colleita faise á man.
Non e bo que a pataca se golpée durante a recollida.
As máquinas colleitadoras de patacas aforran moito traballo, pero a pataca sube dando golpes por unha cadea de varios metros de longo, isto prexudica a súa conservación facendo que aparezan manchas negras no interior da pataca.
As Patacas ''Hórtica''
As nosas patacas cumpren estes catro puntos, cultívanse na costa de Galicia, non regamos o cultivo, son da variedade ''kennebec'' e colleitanse á man.
A calidade sanitaria está garantida ó contar con un número de rexistro sanitario de alimentos da consellería de sanidade: N.R.S. 19.01390/C.